![]()
ENTREVISTA
Con motivo do estreno desta páxina web, entrevistamos ó Presidente do C.D.E., Antonio Iglesias Fraga, empresario estradense que no ano 2003, foi elexido para este cargo.
- ¿Como se ve neste cargo?
- Para min é un orgullo como estradense e amante do balonpé, presidir un Clube con 80 anos de historia e que representa a todo o Concello de A Estrada.
-Contenos un pouco a sua traxectoria dentro do C.D.E.
- No aspecto social, cando cheguei ó cargo o nº de socios chegaba escasamente a 300 e actualmente superamos ós 500.
En publicidade multiplicáronse notablemente os ingresos e tamén das empresas colaboradoras e patrocinadoras.
Este ano estamos patrocinados por unah empresa estradense punteira no seu sector reconocida internacionalmente.
-¿E desde o punto de vista deportivo?
-Deportivamente, no meu primer ano de mandato descendeuse de categoría por unha deficiente primeira volta, na segunda , intentouse reconducir a situación fichando a xogadores importantes non dando salvado a categoría.
No segundo ano ascendeuse de categoría e volveuse outra vez á situación anterior, con un mérito importante nese ascenso de todos, tanto xogadores, corpo técnico, etc.
Este ano, para consolidarnos nesta categoría, fichamos a un entrenador cun certo prestixo, como SUSO MOURE que está a realizar unha gran campaña, así coma os xogadores, ainda que o noso principal obxetivo é a permanencia e consolidación nesta categoría Rexional Prefetrente.
Este ano creouse un equipo xuvenil dotado do mesmo material deportivo e que se lle adica unha parte importante dos ingresos do Clube, esperamos que dee os seus froitos.
-Xa para despedirnos...
-Bueno so agradecerlle a todos, xogadores, adestradores, directiva, socios e patrocinadores, pola sua dedicación o C.D.Estradense, que sin eles non podría ser posible e desexarlles unhas felices festas.